“A aseguradora do Prestige ten dereito a ser indemnizada por España”

Antón Luaces

29 Outubro 2026

O Tribunal Supremo do Reino Unido estima o recurso de apelación da London Steam fronte ás pretensións dos estados español -ao que xa negara o dereito a cobrar os 855 millóns do seguro- e francés. 

Dito doutro xeito: España perde definitivamente un recurso que moitos daban xa por perdido desde un principio – o petroleiro contaminou en novembro de 2002 a costa galega, asturiana, cántabra e vasco-francesa cun vertido de 63.000 toneladas de fuel- para cobrar os 855 millóns da indemnización do seguro do Prestige. España, polo tanto, non ten dereito a ser indemnizada após un preito relacionado con esta cuestión e as esixencias formuladas pola aseguradora London Steam-Ship Owners Mutual Insurance Association. O fallo determina  que podería ser indemnizada por España, que tampouco ten opción de cobrar os citados 855 millóns do seguro.

Mantén o Tribunal que “o feito de que as partes e os árbitros empregaran a denominación “compensación en equidade” non priva á citada aseguradora “do dereito ao resarcimento económico que legalmente lle corresponde por incumprimento contractual. É así cando se estima o recurso de apelación desta parte fronte ás pretensións do Estado español, mais tamén do francés. 

No recurso formulábase como se aplica a un contrato que contén nunha cláusula de arbitraxe o principio segundo o cal un terceiro non se pode acoller ao beneficio dun contrato “sen aceptar a súa carga”.

O fallo, que non establece contías concretas, recoñece o dereito á citada compensación despois de que se formulara unha reclamación de 855 millóns nos tribunais españois e non pola vía da arbitraxe, en concordancia coa póliza existente para o buque sinistrado.

Este fallo confirma a vella crenza de que preitear cos tribunais do Reino Unido é caso perdido. Só no caso da propiedade española de barcos de pesca ingleses se gañou un litixio destas características presentado por armadores na súa maioría galegos.