“Fumadora empedernida, italiana e excomisaria de Pesca: morreu Emma Bonino”

 Antón Luaces

14 Setembro 2026

Foi o venres cando Emma Bonino abandoou este mundo aos 78 anos, deixando nel un ronsel de loita feminista, de fumadora, de convencida de que o sector pesqueiro comunitario tiña moito que aprender da historia pesqueira de Galicia ao tempo que os galegos daban un paso avante no sector. Entra outras cuestións, porque a señora Bonino foi un valado político pouco doado de catalogar ou referenciar.  

Namorada da nosa terra e a nosa xente do mar, Bonino non obviou a crítica a esta na dura etapa da loita polo fletán e defendeu ao mesmo tempo os dereitos que correspondían á frota galega que, coma no caso do Estai, víuse obrigada a abandonar os caladoiros de Namibia onde faenaba á pescada e loitar non só contra os temporais de Terranova, senón tamén contra os intereses económico-pesqueiros de Canadá. 

A coñecida como “guerra do fletán” foi o escenario no que se escribiu a historia do Estai, incluido o asalto en 1995 polas forzas marítimas canadianas deste buque vigués, perseguido con saña polas las patrulleiras daquel país, ás que un tribunal da mesma nacionalidade recoñecera posteriormente (ano 2005) o dereito a exercer a sanción por entender que as autoridades actuaran conforme a dereito, desestimando os argumentos empregados pola casa armadora do buque.

No medio desta liorta diplomática entre Canadá e a Unión Europea (con España polo ,medio) xurdiu a figura de Emma Bonino, que visitara en distintas oportunidades Galicia e mesmo fora testemuña directa dun acto de protesta protagonizado polo sindicato CUT en contra da aplicación de determinadas medidas no sector pesqueiro. A comisaria de Pesca da UE entendeu que a protesta era un secuestro.

Foi unha das persoas que mellor entendeu ao sector pesqueiro, o que nunca a librou da crítica máis dura, especialmente en Galicia.