Donald Trump, presidente dos Estados Unidos de América (USA) é algo así coma un boneco nas mans do primeiro ministro israelí Netanyahu. Só así se poden xustificar (mínimamente) os centos ou milleiros -quen o sabe exactamente?- de mortos rexistrados nesta guerra sen sentido que se desenvolve no Oriente Medio dende vai tres semanas na que, amáis, ameazou con destruir en poucos minutos toda unha tan antiga civilización como é a persa (hoxe iraniana). Un boneco que remata as súas actuacións coma o máis simple dos paiasos e con exclusivamente o aplauso dunha manda de incontrolados descerebrados que aplauden con afán digno de mellor causa as súas saídas de ton.
Mentres Líbano denuncia “masacres” no maior ataque israelí desde o comezo desta guerra que fai que paralice o corazón do planeta Terra -que ten medo a unha terceira guerra mundial- forzas de Israel detiveron un “casco azul” español integrante dunha patrulla da ONU.
Ata aquí chega a ignorancia dos responsábeis militares israelo-norteamericanos?. É posible que ignoren a súa responsabilidade diante dunha suposta acusación de teren cometido crimes de guerra?. Porque un criminal de guerra é aquel que viola os costumnes e leis da guerra, algo que acontece un día sí e outro tamén, porque se cometen atrocidades ou delictos contra persoas ou propiedades que constitúen tais violacións das leis ou costumes da guerra.
Porque criminal de guerra é calquera persoa, sexa militar ou civil, que comete violacións graves do Dereito Internacional Humanitario durante un conflito armado, sexa este jnternacional ou interno. As súas accións infrinxen as normas que protexen a civís, prisioneiros de guerra, feridos e persoal humanitario.
As accións dun criminal de guerra inclúen torturas, ataques a civís, toma de reféns ou destrucións inxustificadas que non prescriben e son perseguibles internacionalmente.
Son estes referentes alleos ás responsabilidades de Trump e Netanyahu nesta guerra?.
Os crimes de guerra son xulgados principalmente pola Corte Penal Internacional, órgano xudicial independente que pode exercer xurisdicción sobre indivíduos acusados de cometer xenocidio, crimes de lesa humanidade, crimes de guerra e crimes de agresión. Estamos diante deles?

