O vindeiro 27 de abril rematará a campaña “Bati-UF25-0425” que comezou este luns un equipo científico a bordo do buque oceanogràfico Vizconde de Eza, para recompilar información sobre o hábitat da cigala na zona do cabo Ortegal.
A Secretaría Xeral de Pesca tenta con esta campaña ampliar o número de zonas sobre as que xa se levaron a cabo investigacións oceanográficas, e neste caso de particular interese ao poder aportar información complementaria sobre o hàbitat da cigala. A información acadada, segundo o Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación, contribúe a ampliar o coñecemento social do medio mariño, e a sensibilizar e obter o apoio nas tarefas de proteción e ordenación que se realizan dende as distintas administracións.

