Altri, a multinacional portuguesa que pretende instalar no concello lucense de Palas de Rei unha industria de celulosa, nega calquera posibilidade contamiñante derivada desta actividade. E a Xunta de Galicia, como tantas veces, cala. E cala cando o fragor da protesta contra tal medida vai a máis entre os traballadores do mar que se senten e saben perdedores nesta liorta de intereses políticos e económicos.
Mentres ducias de barcos bateeiros se concentraban o martes pola tarde na ría de Arousa para facer chegar a súa negativa á instalación en Palas de Rei da fábrica de Altri -empresa lusa de fabricación de fibras téxtiles- a veciñanza do concello lucense ía constatando sen sorpresa o resultado das elecións ao Parlamento

