Parada por decreto a costeira da xarda e paralizada asimesmo a campaña da anchoa e sempre con prezos inferiores aos agardados, a actual campaña de bonito só crea, ata o de agora, espectativas e escasas realidades de beneficio: 2024 non está a resultar un ano cando menos aceptable para as frotas de baixura de Galicia, Asturias, Cantabria e Euskadi, integrantes estas dun censo total de 553 cerqueiros que, como dicía vai uns días un armador galego “están a velas vir”.
Moito ten que millorar a situación para que a valoración dos propios actores desta nada positiva campaña modifique a conclusión final.
O de Guetaria foi días pasado o porto no que, maioritariamente, descargou este ano a reducida frota boniteira

