Non sei se o problema do deputado Núñez Feijoo é unha miopía que non lle permite ver a realidade política do país no que vive como presidente do PP nacional, ou unha deformación desa realidade propiciada pola intervención cirúrxica recentemente practicada a causa dun desprendemento de retina. Talvez exista unha terceira causa (coa que non se especula). Mais o certo é que Alberto Núñez Feijoo dende que non foi nomeado presidente de España “porque non quixo”, ten unha rara (deformada?) visión da realidade española.
Tamén pode ser que se trate dunha deformación interesada. Como cando dí, en relación cos datos do paro xuvenil (menores de 25 anos) quen escala ás galloupadas cando a realidade o desminte: 265.598 en

