Estas foron palabras pronunciadas o xoves polo novo Papa, en Roma. E eu penséi: “e que Cruz!”.
Millóns de persoas en todo o mundo, católicos ou non, seguiron -seguimos- as deliberacións que, no Vaticano, tiñan lugar para a designación do máximo mandatario da igrexa católica.
Dende que nacín, tiven coñecemento de Pío XII (1939-1958), Juan XXIII (1958-1963), Pablo VI (1963-1978), Juan Pablo I (1978), Juan Pablo II ¡(1978-2005), Benedicto XVI (2005-2013), Francisco (2013-2025) e, actuamente, León XIV. E dos que gardo memoria por circunstancias máis que relixiosas vivenciais, Juan XXIII e Francisco son os que máis e mellor bulen na miña memória.
Dou por suposto que o recén elixido Papa, o estadounidense/peruano Robert Prevost, pode ser para

