Juan Caballero (texto e imaxes). Co lema de A gran familia da Náutica reúnese en Sanxenxo, a sede oficial de ASNAUGA – Asociación de Náuticos de Galicia, sita en Santiago de Compostela foi marco de presentación do 6º Simposio de Clubs Náuticos que se vai a celebrar nos primeiros compases do mes de outubro deste ano na dita localidade pontevedresa, baixo a organización de CEACNA – Confederación Española de Asociacións de Clubs Náuticos, o patrocino da Xunta de Galicia, a través de Galicia Calidade, a Deputación de Pontevedra, os Concellos de Sanxenxo e Poio, REPSOL, YPM, PRODIMAR e Torretas Guadiana.
O Turismo Náutico como fomento do deporte e a náutica social será a base das xornadas, que reunirá no Hotel Carlos

