O feo, o bo, o malo e, como pano de fondo, Ceuta”,

  • Print

 Antón Luaces

19 Setembro 2026

Houbo un tempo cinematográfico no que todos nos rendiamos a películas coma “O bo, o feo e o malo”, todo un xa clásico western que pola súa significación ben quixera agora mesmo situar con Ceuta como pano de fondo. 

Ao igual que na película citada, os protagonistas da cinta que propoño son, teóricamente, tres: Pedro Sánchez, presidente do Goberno español; Alberto Núñez Feijoo, presidente do PP, e Santiago Abascal, presidente de Vox, e outros dous coprotagonistas: Vivas, alcalde-presidente da cidade autónoma de Ceuta, e Mohamed VI, rei de Marrocos. Outros actores menores, mais actores ao fin e ao cabo, son nesta proposta cinematógráfica que ofrezo ao lector, Trump (presidente de USA) e Netanyahu (primeiro ministro israelí). 

Teño consciencia sobre o outorgamento pola miña parte dos papeis de bo, feo e malo. Porque na miña película queda asimesmo clarificado quen dos tres citados “actores” principais son adxudicatarios dos calificativos. Mais ha ser o lector quen decida que papel asigna a cada un deles. Semella claro que Sánchez e Feijoo xogan papeis que, neste film, son sobrevidos; pero cal é o papel que vostede outorga a Abascal?. 

Para min que non é o bo, por motivos evidentes. O principal é que non quere migrantes e que rexeita de plano aos menores non acompañados (que cualifica de “menas”) porque tentan integrarse na sociedade española talvez aleccionados polos seus propios  pais ou polo que a televisión lles ofrece do que hai á outra banda do estreito de Gibraltar.

Quen é o bo, daquela: Sánchez ou Feijoo?. E se teñen decidido a este respecto, penso que o feo de entre Sánchez e Feijoo tampouco da para moito cavilar.

E o malo, quen deles é o pior?. Coida vostede que o máis malo é Sánchez, Feijoo ou Abascal?. Ben sei que non é doado decidir. Particularmente dubido entre Trump, Netanyahu e Mohamed VI, para min todos eles implicados directa ou indirectamente no asalto perpetrado a Ceuta por 80.000 migrantes, entre estes unha alta porcentaxe de nenos aos que as comunidades autónomas españolas non queren acoller e que de sí facelo disque poderían ser entre catro e cinco por autonomía.

Abascal, o malo?. Feijoo, o feo?: Sánchez, o bo?. Que lles reservamos a Trump, Netanyahu e Mohamed VI?. 

The end.