A Confraría do Son e o Concello organizan un curso de embarcacións de rescate

  • Print

O BARBANZA

22 Xuño 2026

A Confraría de Pescadores “San Telmo” de Porto do Son organiza, en colaboración co Concello, un Curso de Embarcacións de Rescate e Botes de Supervivencia non Rápidos. Desenvolverase os días 4, 11 e 18 de xullo.

O 4 e 11 de xullo levarase a cabo no edificio de de actividades náuticas do Porto do Son e o 18 de xullo nas instalacións de Seforgasa (A Pobra do Caramiñal)

O prazo de inscrición estará aberto ata o 26 de xuño e as persoas interesadas poderán inscribirse nas oficinas da Confraría, en horario de 8:00 a 14:00 horas. Esta formación é totalmente gratuíta e será necesario acreditar vinculación co sector marítimo mediante a presentación do certificado de formación pesqueira, neste caso Patrón Local de Pesca ou superior. Ademais, terán prioridade de acceso, por esta orde: os/as socios/as da entidade e os/as familiares de socios/as da entidade. No caso de haber máis persoas inscritas que prazas ofertadas, procederase a realizar sorteo mediante aplicación informática.