“Unha noite non é nada. Unha semaniña enteira sí que é foliada”

  • Print

 

 

 

 

Antón Luaces

08 Setembro 2026

O Tribunal Supremo emitiu sentenza. Esta limita as devolucións en “quente” de mujgrfantres en territorio español. Neste caso concreto, en Ceuta. O presidente desta cidade autonoma, Jesús Vivas, coida que esta poboación é “unha ola a presión que en calquera momento pode estoupar”.

Clarexa o alto tribunal que a expulsión inmediata só é legal ante obstáculos físicos como valos, pero non no mar, onde a falta de barreiras tanxibles impide este procedemento. A sentenza do cuitada veta esas entregas cando os estranxeiros chegan a nado sen atopar no seu camiño barreiras físicas. Por este moivo, especúlase coa posibilidade de que o Goberno instale boias no mar e, deste xeito, poder cumprir co dictsdo polo Supremo. 

A resolución xudicial subliña a necesidade de garantir os dereitos fundamentais dos estranxeiros, marcando un precedente clave para a xestión de fronteiras no país.

 Vivas culpa ás mafias e exonera a Marrocos na súa comparecencia nunha cidade autónoma colapsada. Máis no seo do PP barállanse outras solucións máis determinantes, se ben non tanto como as que propón Vox.   

O problema mistura seguridade fronteiriza, cooperación internacional, causas migratorias e dereitos humanos, unha cuestión que non todas as partes aceptan. 

Ceuta e Melilla dependen moito da relación de España ,con Marrocos. Este país fai de “gardián” da fronteira sur de Europa, e cando as relacións diplomáticas refían, os controis marroquís se refían e suben as entradas ilegais en Ceuta e Melilla, fronteira sur de España e da UE.