“Donald Trump confirma o bloqueo do estreito de Ormuz”

  • Print

 

 

 

Antón Luaces

14 Abril 2026

Certamente o actual presidente de Estados Unidos de América non é o famoso “Tío Gilito” da popular familia Donald de Disney. E sen embargo ten nas súas actitudes e características, moita semellanza con el.

Donald Trump confirmou o luns o bloqueo do estreito de Ormuz e o mundo calcula hoxe que o magnate estadounidense é, polo prezo actual dos combustibles, moito máis rico do que o era onte. Velaí o achegamento de Trump ao status social, económico e persoal do impresentable tío Gilito.

Mentres que para Trump (un deus redivivo) o papa León XIV é un “feble” en materia de delincuencia e “pésimo” en política exterior ao que non vai pedir desculpas, o pontífice vencellou esta negativa á guerra con Irán: “o evanxeo é claro” e “a igrexa ten a obriga moral de ir contra a guerra”, dixo. 

Que pode pasar?

Irán aumenta o estrangulamento do estreito coas accións levadas a cabo desde as 16,00 horas de onte. USA percura forzar a Teherán a retornar á mesa de negociacións, abaratar o custo da enerxía e reabrir esa ruta estratéxica de Ormuz. Nen unha nen outra posición favorecen a consecución dun entendemento entre as partes. Mantense a tensión. A tregua está unha outra vez nun delgado fío. Estando as cousas deste xeito, poderán retomarse efectivamente as negociacións entre as partes?. Semella unha tarefa pouco doada. Unhas boa parte do mundo treme. Europa contempla con preocupación o que acontece en  Oriente Medio. Segundo Trump, todo buque que desafíe o bloqueo imposto por Estados Unidos ao tráfico marítimo no estreito de Ormuz será eliminado. Unha fanfarronada máis?. A Garda Revolucionaria de Irán disque pode ter a última verba.